Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Volver a todas as Novas

O Concello de Monterroso inaugurará en outubro o seu complexo museístico

As obras para a creación do complexo museístico de Monterroso, que albergará o Centro de Interpretación da Feira de Santos e o Museo Carlos Méndez, avanzan e o Concello prevé inaugurar as instalacións a finais de setembro ou comezos de outubro.

O proxecto, anunciado polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) e a corporación municipal en agosto de 2020, ocupará as tres plantas do inmoble onde se situaba o antigo centro de saúde da localidade. A Xunta de Galicia investiu 200.000 euros para a súa posta en marcha a través dun convenio de colaboración firmado entre o Concello e a Consellería de Cultura o pasado ano.

Ademais de achegar ao público a longa tradición de feiras que caracteriza á vila de Monterroso, a razón de ser do museo será reunir e expoñer a colección de pezas que doou o sacerdote e historiador Carlos Méndez Vázquez, impulsor do museo parroquial, ao Instituto de Estudos Ulloáns.

    Trátase dunha compilación formada por elementos de grande interese histórico, como muíños prerromanos, verracos, ídolos, tégulas, pezas de tear romano, ventás visigóticas ou capiteis románicos que Méndez recolleu e catalogou durante décadas, algunhas atopadas ou mercadas por el mesmo, e outras doadas ou cedidas en depósito polos veciños.

    O Instituto de Estudos Ulloáns será o responsable da xestión, mentres que a directora será a filóloga María José Gómez Alvite.

    Centro de Interpretación. Monterroso, Vila de Feiras. Desarrollo web: GaliciaDigital
    Aviso legalPolítica de privacidadePolítica de cookies