Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Ir a todas as Salas

A SALA DOS ESCRITORES

No andar superior do complexo museográfico “Monterroso, a vila das feiras” sitúase a Sala dos Escritores. Trátase dun espazo adicado a Lorenzo Varela, Cortiña Toural, Yebra de Ares, Méndez Vázquez e Yebra Varela.

É un lugar sinxelo no cal o visitante pode achegarse a algúns dos escritores nados na Ulloa, ou que a converteron na súa residencia habitual.

Cada un dos autores referidos conta cunha vitrina expositora na que se exhiben algún obxectos persoais, a obra, manuscritos, etc.

Do paso por esta estancia o visitante tamén pode aproveitar para coñecer máis de preto documentos bibliográficos con varios séculos ás costas, pergameos con notas musicais, etc.

IMAXES

Centro de Interpretación. Monterroso, Vila de Feiras. Desarrollo web: GaliciaDigital
Aviso legalPolítica de privacidadePolítica de cookies