Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Volver a todas as Novas

A Feira de Monterroso desafía ao temporal e mantén o seu poder de convocatoria

A Feira de Santos Monterroso, con máis de 800 anos de historia, mantén o seu poder de convocatoria durante unha edición máis. A pesar da alerta por temporal, a meteoroloxía está a respectar a xornada, con temperatura agradable e choiva intermitente.

Miles de persoas percorren un ano máis as rúas máis céntricas da vila, convertidas en oun gran bazar de calzado e téxtil, mentres que no recinto de A Cúpula concéntranse os produtos gastrómicos cunha ampla oferta en derivados de porcino, queixos, mel ou castañas.

Entre as personalidades que acudiron este ano á mostra destacan os conselleiros do Mar e de Medio Rural, así como preséncialle de Ramón Gómez Besteiro ou o presidente da Deputación de Lugo, entre outros. Pola súa banda, o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, destacou o éxito desta edición, coa presenza de numerosos postos e miles de persoas “que fan deste día un dous máis importantes do ano para esta vila”.

Centro de Interpretación. Monterroso, Vila de Feiras. Desarrollo web: GaliciaDigital
Aviso legalPolítica de privacidadePolítica de cookies